AS NOSAS PITAS BAIXO A CHOIVA
RICARDO CARVALHO CALERO EN BRETOÑA
LETRAS GALEGAS 2020
Como ben sabedes, este ano as LETRAS GALEGAS están dedicadas ao escritor ferrolán RICARDO CARVALHO CALERO.
Para que investiguedes e vos informedes sobre a súa vida e obra, deixámosvos a continuación unha serie de actividades que elaboraron uns compañeir@s e que decidiron compartir con todos nós. Con axuda dun adulto elixide as que máis se adapten ao voso nivel, gustos ou intereses.
Cando rematedes, gustaríanos que tod@s compartísedes con nós un debuxo da vosa "PITA BAIXO A CHOIVA". Faremos unha presentación que tod@s os podamos ver. (Enviar a ceipdebretonha2020@gmail.com, en formato JPG, antes do domingo 17 de maio).
UNIDADE DIDÁCTICA "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" (de 3 a 12 anos)
Vídeo do conto "As pitas baixo a choiva"
CANCIÓNS DA UNIDADE DIDÁCTICA "AS PITAS BAIXO A CHOIVA" Pica nas seguintes ligazóns para escoitar:
Alborada das pitas
No país de Erika
Son un galo chafarís
As pitas baixo a choiva
ESCAPE ROOM "O MISTERIO DA CASA DE CARVALHO CALERO" (Elaborado por Anuska en Genially) . Divertida actividade para os máis maiores do cole. Pica AQUÍ para entrar.
ESCAPE ROOM "LETRAS GALEGAS 2020" (Elaborado por Kyara8 en Genially). Tamén moi divertida, para os menos maiores do cole. Pica AQUÍ para entrar.



























