PLÁSTICA

QUE VOS PARECE EXPERIMENTAR CO TEATRO DE SOMBRAS?


1º) Elaboramos un teatriño de sombras,  empregando materiais que temos pola casa. É moi sinxelo:
- Reutilizamos unha caixa de cartón.
- Recortamos no fondo unha ventá e cubrímola con papel de seda branco ou papel de enfornar.
- Decoramos o marco como queiramos.

2º) Se imos representar unha historia/conto debemos elaborar as personaxes e elementos decorativos:

- Dámoslle a forma que sexa e recortamos a silueta (podemos facelo con cartolina negra ou cartón pintado). Deben ser opacos ou con "recortes" polo medio. Déixovos algúns exemplos que podedes descargar e imprimir (por se queredes saltar este paso):


          
- Se queremos darlle cor aos elementos, debemos utilizar papel de seda de diferentes cores.
- Para poder mover os elementos e personaxes pola "escena" sen que se nos vexan as mans, podemos pegarlles un pau de madeira da lonxitude que nos pareza máis apropiada. 
- Se prefirimos experimentar só coas sombras que podemos facer coas nosas propias mans, xa non necesitamos elaborar esta última parte.
- Tamén podemos incluír obxectos de xoguete, miniaturas...
- E incluso ambientar certos momentos con música, utilizar só a voz, combinar os dous elementos, ou empregar só o silencio, dependendo do que queiramos destacar.

3º) Precisamos unha lanterna, foco de luz, lámpara de mesa... Debemos oscurecer a estancia onde vaiamos a representar a nosa "obra" o máximo posible e colocar este foco de luz detrás da caixa de cartón e das nosas mans. A distancia á que coloquemos a luz e o tipo de luz inflúen directamente no tipo e nitidez das sombras. A experimentar!!

MIRADE OS EXEMPLOS!! 






PODEDES REPRESENTAR HISTORIAS/CONTOS XA COÑECIDOS (COMA AS QUE APARECEN NOS VÍDEOS SEGUINTES) OU CREAR AS VOSAS PROPIAS HISTORIAS...

    
    


OU TAMÉN PODEDES XOGAR COAS MANS A REPRESENTAR DIFERENTES ANIMAIS. FIXÁDEVOS!  MAXIA!!


    


Finalmente, fai unha breve gravación en vídeo da túa creación e envíama a ceipdebretonha2020@gmail.com  Faremos unha "PELÍCULA" con todo o que nos enviedes. 

Anímate! É moi divertido!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario